Ofeitoaman é a feira de artesanía por excelencia da cidade de Vigo e a máis importante de Galicia durante o Nadal. Zimzelatum estivo do 18 de decembro ao 5 de xaneiro.
Celébrase na terraza exterior do Centro Comercial A Laxe de Vigo, na zona da Estación Marítima. O Centro dispón de amplo aparcamento (gratuíto durante a primeira hora).
Participan 21 talleres artesáns, de toda Galicia e Portugal. Unha feira popular, unha visita obrigada no Nadal para os cidadáns de Vigo, e tamén para moitas persoas que se desprazan desde outros puntos de Galicia.